Cambiar a CASTELLANO

Produción

Producimos pedras de xeo transparentes, cubrimos a demanda de xeo en toda Galicia, e dispomos de amplos almacéns frigoríficos para o perfecto mantemento do produto.

A finalidade de Xeos da Ulla é ofrecer un produto de calidade, sen sabor nin olor. Producimos o noso xeo con auga de manancial purificada e controlada diariamente, sen ningún tipo de tratamento que altere a calidade do produto.

En Xeos da Ulla contamos cunha planta de embolsado totalmente automática, así garantimos a máxima hixiene e unha alta calidade dos nosos produtos.

Fabricamos todo tipo de xeo:

  • Xeo macizo desde 45 gramos ata 60-70 gramos.
  • Xeo de cóctel de 8 gramos.
  • Esferas de xeo de 115 gramos.
  • Xeo triturado (venda baixo pedido por toneladas).

Servimos a hostalaría, concertos, eventos, estacións de servizo, discotecas, bares, supermercados, áreas comerciais, etc.